Mostrando entradas con la etiqueta contenedores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contenedores. Mostrar todas las entradas

23 feb 2010

RECOLLIDA DE RESIDUOS DO FOGAR



As persoas que desexen que se lles recollan electrodoméstico, aparellos electrónicos ou residuos voluminosos como colchóns, mobles, etcétera, deben chamar ao Concello de Camariñas ao teléfono 981 73 60 00 indicando o seu nome e enderezo.

Despois de avisar, estes residuos téñense que deixar xunto ao contedor máis próximo ao domicilio os martes a partir das 10:00 da noite.
A recollida polos servizos municipais comeza ao día seguinte a partir das 8:30 da mañá.

Os Puntos Limpos máis cerca de Camariñas son os seguintes:
- Muxía: situado no Lugar de Os Muíños.
Horario: mércores todo o día e sábados pola mañá.
- Carballo: no Polígono Industrial de Bértoa.
Horario: martes, xoves e sábado de 10:00-13:00 horas

Nestes Puntos limpos pódense depositar residuos perigosos do fogar: aceites de cociña usados, electrodomésticos (ou partes destes, aparellos electrónicos, residuos voluminosos e calquera outro tipo de lixo agás os restos orgánicos.

25 sept 2009

COMO SEPARAR O LIXO?

O concello de Camariñas dispón dun servizo de recollida selectiva do lixo. Así, os veciños poden contribuír á defensa do medio separando o lixo na orixe, é decir, nos seus fogares.

Existen distintos tipos de colectores para cada tipo de residuo. Así, disponse de:

PUNTO SIGRE: para medicamentos usados ou caducados. Sitúanse en tódalas farmacias.

COLECTORES DE COR AZUL: onde se debe depositar o papel e cartón.

COLECTORES AMARELOS: envases lixeiros como latas e bricks.

COLECTOR VERDE “IGLÚ”: onde se pode depositar o vidro.

COLECTOR VERDE ESCURO: para os restos orgánicos, que só deben depositarse no colector entre as 19:00 e as 22:00h, e sempre deben ir en bolsa pechada.

COLECTOR PARA RECOLLIDA DE PILAS: situados en distintos establecementos do pobo.


RESIDUOS VOLUMINOSOS E APARATOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS: están constituídos por mobles, enseres de gran tamaño..., polo que a súa recollida é máis complexa que o resto de residuos domiciliarios.
O Concello dispón de un servizo especial de recollida a domicilio para este tipo de residuos.
Día de recollida os mércores. Avisar previamente no concello ou por teléfono: 981 736 000
Ademáis tamén se poden depositar en un Punto Limpo.