19 nov 2009

CAMPAÑA MUNICIPAL DE RECOLLIDA DE ACEITES

O concello de Camariñas, a través da empresa PMA, pon en marcha unha campaña de recollida de aceites domésticos usados.
Esta empresa, colocará contenedores para recollida de aceite en tódolos lugares (comunidades de veciños, asociacións do concello, tendas ultramarinos, supermercados...) nos que se solicite.
Os contenedores serán baleirados periodicamente por un servizo de recollida. Tanto o abastecemento de bidóns como o servizo de recollida son completamente gratuitos
Se desexa solicitar este servizo, pode dirixirse ao teléfono:
986 288 120
Os primeiros establecementos que van contar con este servizo son:
FROIZ Camariñas
ALIPROX Camariñas
CLAUDIO LEIS Ponte do Porto
SUPER A FONTE Camelle
TENDA ULTRAMARINOS (PASTORA) Camelle

15 nov 2009

FORO DE PARTICIPACIÓN E SERVIZO DE ASESORAMENTO

Neste apartado, vostede pode deixar os seus comentarios, queixas ou suxestións.
Ademáis si ten algunha consulta sobre a Minimización de Residuos ou a Reciclaxe, pode deixala aquí e seralle atendida na maior brevidade posible.

RESPOSTAS AOS COMENTARIOS
preguntan donde hai un punto limpo? publicado un apartado coas direcións dos puntos limpos máis achegados ao concello de Camariñas

2 nov 2009

VALORACIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS DE CAMARIÑAS

Ao longo desta última semana, os días 26, 28 e 29 de outubro, desenvolvéronse as actividades previstas no marco do Programa de Minimización de Residuos do Concello de Camariñas.
As actividades levadas a cabo, pretenderon concienciar á cidadanía da importancia de reducir a cantidade de residuos e da reciclaxe destes, salientando as vantaxes tanto económicas como medioambientais que esto suporía.
O programa de actividades dirixiuse a distintos colectivos, realizándose actividades cós escolares, coa poboación xeral (veciñ@s) e con membros do tecido empresarial.
Así, realizáronse catro obradoiros destinados aos veciñ@s, en Camariñas, Camelle, Xaviña e Ponte do Porto. Os catro tiveron altos índices de participación, cun total de 150 asistentes.
No que respecta ao colectivo dos empresari@s, nos dous obradoiros celebrados, en Camariñas e Ponte do Porto, participaron un total de 20 empresari@s.
En canto á comunidade escolar, tivo tamén unha elevada tasa de participación, con 125 alumn@s participantes da escola unitaria de Xaviña e do IES Pedra da Aguia de Ponte de Porto, nos 7 obradoiros realizados.