2 nov 2009

VALORACIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS DE CAMARIÑAS

Ao longo desta última semana, os días 26, 28 e 29 de outubro, desenvolvéronse as actividades previstas no marco do Programa de Minimización de Residuos do Concello de Camariñas.
As actividades levadas a cabo, pretenderon concienciar á cidadanía da importancia de reducir a cantidade de residuos e da reciclaxe destes, salientando as vantaxes tanto económicas como medioambientais que esto suporía.
O programa de actividades dirixiuse a distintos colectivos, realizándose actividades cós escolares, coa poboación xeral (veciñ@s) e con membros do tecido empresarial.
Así, realizáronse catro obradoiros destinados aos veciñ@s, en Camariñas, Camelle, Xaviña e Ponte do Porto. Os catro tiveron altos índices de participación, cun total de 150 asistentes.
No que respecta ao colectivo dos empresari@s, nos dous obradoiros celebrados, en Camariñas e Ponte do Porto, participaron un total de 20 empresari@s.
En canto á comunidade escolar, tivo tamén unha elevada tasa de participación, con 125 alumn@s participantes da escola unitaria de Xaviña e do IES Pedra da Aguia de Ponte de Porto, nos 7 obradoiros realizados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario