23 feb 2010

RECOLLIDA DE RESIDUOS DO FOGAR



As persoas que desexen que se lles recollan electrodoméstico, aparellos electrónicos ou residuos voluminosos como colchóns, mobles, etcétera, deben chamar ao Concello de Camariñas ao teléfono 981 73 60 00 indicando o seu nome e enderezo.

Despois de avisar, estes residuos téñense que deixar xunto ao contedor máis próximo ao domicilio os martes a partir das 10:00 da noite.
A recollida polos servizos municipais comeza ao día seguinte a partir das 8:30 da mañá.

Os Puntos Limpos máis cerca de Camariñas son os seguintes:
- Muxía: situado no Lugar de Os Muíños.
Horario: mércores todo o día e sábados pola mañá.
- Carballo: no Polígono Industrial de Bértoa.
Horario: martes, xoves e sábado de 10:00-13:00 horas

Nestes Puntos limpos pódense depositar residuos perigosos do fogar: aceites de cociña usados, electrodomésticos (ou partes destes, aparellos electrónicos, residuos voluminosos e calquera outro tipo de lixo agás os restos orgánicos.

9 feb 2010

CONCURSO RECOLLIDA PAPEL E ENVASES


Dentro do Programa de Minimización de Residuos do Concello de Camariñas, e como continuación do concurso “Ponte as pilas e mobilízate”, o pasado venres 5 de febreiro comezou o concurso escolar de recollida de papel e envases. No concurso, que rematará o vindeiro 28 de maio, participa alumnado da Escola Infantil de Xaviña e do Instituto de Ensinanza Secundaria Pedra da Aguia de Ponte do Porto.

Coa finalidade de desenvolver o concurso, instaláronse nos centros escolares contedores azuis para papel e amarelos para envases. Estes son de uso exclusivo para o alumnado das aulas que participan na certame e serán recollidos polas empresas colaboradoras Coregal e Isolux.

Co financiamento da Consellería de Medio Ambiente, e dentro do programa de minimización de residuos da Concellería de Desenvolvemento Sostible do Concello de Camariñas, esta en marcha tamén a campaña de recollida de aceite doméstico usado en seis supermercados do municipio. O ano pasado leváronse tamén a cabo o concurso-obradoiro A sombra do Lixo e diversos obradoiros veciñais, escolares e empresariais.