9 feb 2010
CONCURSO RECOLLIDA PAPEL E ENVASES
Dentro do Programa de Minimización de Residuos do Concello de Camariñas, e como continuación do concurso “Ponte as pilas e mobilízate”, o pasado venres 5 de febreiro comezou o concurso escolar de recollida de papel e envases. No concurso, que rematará o vindeiro 28 de maio, participa alumnado da Escola Infantil de Xaviña e do Instituto de Ensinanza Secundaria Pedra da Aguia de Ponte do Porto.
Coa finalidade de desenvolver o concurso, instaláronse nos centros escolares contedores azuis para papel e amarelos para envases. Estes son de uso exclusivo para o alumnado das aulas que participan na certame e serán recollidos polas empresas colaboradoras Coregal e Isolux.
Co financiamento da Consellería de Medio Ambiente, e dentro do programa de minimización de residuos da Concellería de Desenvolvemento Sostible do Concello de Camariñas, esta en marcha tamén a campaña de recollida de aceite doméstico usado en seis supermercados do municipio. O ano pasado leváronse tamén a cabo o concurso-obradoiro A sombra do Lixo e diversos obradoiros veciñais, escolares e empresariais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario