10 jun 2010

CURSO DE CONDUCCIÓN EFICIENTE



Unha medida para aforrar combustible e reducir emisións

Obxectivos
O obxectivo destes cursos é realizar un uso máis racional do vehículo e ofrecer un novo estilo de condución para promover un cambio de actitude nos usuarios.

A condución eficiente consiste en aplicar unha serie de técnicas para reducir o consumo de combustible e a contaminación medioambiental e ademais, conseguir aumentar a seguridade viaria e o confort a bordo.

Segundo datos facilitados polo Instituto para la Diversificación y Ahorro
de Energía (IDAE) os españois aforrarían un 15% anual en combustible cunha condución máis económica e sen diminuír a velocidade media.

Profesorado
O curso contará con monitores/as expertos/as que explican as técnicas ao volante para aproveitar a eficiencia enerxética dos vehículos actuais. O alumnado terá a posibilidade de comparar a influencia das técnicas de condución no consumo de combustible mediante unha proba práctica antes e despois da sesión teórica.

Estructura
O curso realízase nunha única sesión cunha duración aproximada de 2 horas, sendo a estructura do curso:
• Quenda de condución normal por cada alumno/a
• Sesión teórica
• Quenda de condución por parte de cada alumno/a,aplicando as técnicas de condución eficiente
• Exposición de resultados das quendas

Para a realización das prácticas porase a disposición dos alumnos/as un vehículo con medición de consumo. O número de alumnos por vehículo será como máximo de catro. As roldas de condución serán realizadas por cada un dos catro alumnos do grupo.

O curso levarase a cabo nun percorrido que conte coa maior parte dos elementos representativos da circulación (cruzamentos, rotondas, vías de dobre sentido, pendentes en subida e en baixada,etc.) e nas que a aplicación dunha ou outra técnica achegan diferenzas en consumo.

A os asistentes entregaráselle un Manual de condución eficiente así como un diploma acreditativo da participación no curso.

Custe
Totalmente gratuítos
Financiado polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) con fondos do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE)

Horario e Datas
Os cursos impartiranse o luns 28 de xuño no Centro de Iniciativas Empresariais (do lado do Centro de Saúde de Camariñas) nunha sesión de dúas horas, pola mañá ou pola tarde, de 10:00 a 12:00, de 10:30 a 12:30, de 12:30 a 14:30, de 16:00 a 18:00 ou de 16:30 a 18:30.


Información e inscricións
Ata o dia 24 de Xuño, de 9:00 a 14:00 na Casa de Pedra de Camariñas
- Presentar carné de conducir clase B en vigor
- 16 prazas por orde de inscrición

Máis información: 981 73 70 04

No hay comentarios:

Publicar un comentario