17 dic 2010

RECOLLIDA GRATUÍTA DE CARTÓN E PLÁSTICO DE ENVOLTORIOS NOS ESTABLECEMENTOS MUNICIPAIS


No ano 2011 o Concello de Camariñas porá en marcha un servizo gratuíto de recollida de cartón e plástico de envoltorio nos locais das empresas e establecementos comerciais do noso concello.

Este programa ten como obxectivos facilitar a recollida de embalaxes nas empresas, reducindo os problemas derivados da súa acumulación nos establecementos e do deposito en contedores, e diminuír o custo que lle supón ao concello a xestión destes residuos, máis de 150.000 euros anuais.

O servizo será realizado por unha empresa de xestión de residuos que previamente contactará con todas as empresas do concello. Os establecementos que se adhiran a este programa elixirán tanto os días como o horario no que desexan que se lles recollan os residuos.

10 jun 2010

CURSO DE CONDUCCIÓN EFICIENTE



Unha medida para aforrar combustible e reducir emisións

Obxectivos
O obxectivo destes cursos é realizar un uso máis racional do vehículo e ofrecer un novo estilo de condución para promover un cambio de actitude nos usuarios.

A condución eficiente consiste en aplicar unha serie de técnicas para reducir o consumo de combustible e a contaminación medioambiental e ademais, conseguir aumentar a seguridade viaria e o confort a bordo.

Segundo datos facilitados polo Instituto para la Diversificación y Ahorro
de Energía (IDAE) os españois aforrarían un 15% anual en combustible cunha condución máis económica e sen diminuír a velocidade media.

Profesorado
O curso contará con monitores/as expertos/as que explican as técnicas ao volante para aproveitar a eficiencia enerxética dos vehículos actuais. O alumnado terá a posibilidade de comparar a influencia das técnicas de condución no consumo de combustible mediante unha proba práctica antes e despois da sesión teórica.

Estructura
O curso realízase nunha única sesión cunha duración aproximada de 2 horas, sendo a estructura do curso:
• Quenda de condución normal por cada alumno/a
• Sesión teórica
• Quenda de condución por parte de cada alumno/a,aplicando as técnicas de condución eficiente
• Exposición de resultados das quendas

Para a realización das prácticas porase a disposición dos alumnos/as un vehículo con medición de consumo. O número de alumnos por vehículo será como máximo de catro. As roldas de condución serán realizadas por cada un dos catro alumnos do grupo.

O curso levarase a cabo nun percorrido que conte coa maior parte dos elementos representativos da circulación (cruzamentos, rotondas, vías de dobre sentido, pendentes en subida e en baixada,etc.) e nas que a aplicación dunha ou outra técnica achegan diferenzas en consumo.

A os asistentes entregaráselle un Manual de condución eficiente así como un diploma acreditativo da participación no curso.

Custe
Totalmente gratuítos
Financiado polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) con fondos do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE)

Horario e Datas
Os cursos impartiranse o luns 28 de xuño no Centro de Iniciativas Empresariais (do lado do Centro de Saúde de Camariñas) nunha sesión de dúas horas, pola mañá ou pola tarde, de 10:00 a 12:00, de 10:30 a 12:30, de 12:30 a 14:30, de 16:00 a 18:00 ou de 16:30 a 18:30.


Información e inscricións
Ata o dia 24 de Xuño, de 9:00 a 14:00 na Casa de Pedra de Camariñas
- Presentar carné de conducir clase B en vigor
- 16 prazas por orde de inscrición

Máis información: 981 73 70 04

23 feb 2010

RECOLLIDA DE RESIDUOS DO FOGAR



As persoas que desexen que se lles recollan electrodoméstico, aparellos electrónicos ou residuos voluminosos como colchóns, mobles, etcétera, deben chamar ao Concello de Camariñas ao teléfono 981 73 60 00 indicando o seu nome e enderezo.

Despois de avisar, estes residuos téñense que deixar xunto ao contedor máis próximo ao domicilio os martes a partir das 10:00 da noite.
A recollida polos servizos municipais comeza ao día seguinte a partir das 8:30 da mañá.

Os Puntos Limpos máis cerca de Camariñas son os seguintes:
- Muxía: situado no Lugar de Os Muíños.
Horario: mércores todo o día e sábados pola mañá.
- Carballo: no Polígono Industrial de Bértoa.
Horario: martes, xoves e sábado de 10:00-13:00 horas

Nestes Puntos limpos pódense depositar residuos perigosos do fogar: aceites de cociña usados, electrodomésticos (ou partes destes, aparellos electrónicos, residuos voluminosos e calquera outro tipo de lixo agás os restos orgánicos.

9 feb 2010

CONCURSO RECOLLIDA PAPEL E ENVASES


Dentro do Programa de Minimización de Residuos do Concello de Camariñas, e como continuación do concurso “Ponte as pilas e mobilízate”, o pasado venres 5 de febreiro comezou o concurso escolar de recollida de papel e envases. No concurso, que rematará o vindeiro 28 de maio, participa alumnado da Escola Infantil de Xaviña e do Instituto de Ensinanza Secundaria Pedra da Aguia de Ponte do Porto.

Coa finalidade de desenvolver o concurso, instaláronse nos centros escolares contedores azuis para papel e amarelos para envases. Estes son de uso exclusivo para o alumnado das aulas que participan na certame e serán recollidos polas empresas colaboradoras Coregal e Isolux.

Co financiamento da Consellería de Medio Ambiente, e dentro do programa de minimización de residuos da Concellería de Desenvolvemento Sostible do Concello de Camariñas, esta en marcha tamén a campaña de recollida de aceite doméstico usado en seis supermercados do municipio. O ano pasado leváronse tamén a cabo o concurso-obradoiro A sombra do Lixo e diversos obradoiros veciñais, escolares e empresariais.

19 nov 2009

CAMPAÑA MUNICIPAL DE RECOLLIDA DE ACEITES

O concello de Camariñas, a través da empresa PMA, pon en marcha unha campaña de recollida de aceites domésticos usados.
Esta empresa, colocará contenedores para recollida de aceite en tódolos lugares (comunidades de veciños, asociacións do concello, tendas ultramarinos, supermercados...) nos que se solicite.
Os contenedores serán baleirados periodicamente por un servizo de recollida. Tanto o abastecemento de bidóns como o servizo de recollida son completamente gratuitos
Se desexa solicitar este servizo, pode dirixirse ao teléfono:
986 288 120
Os primeiros establecementos que van contar con este servizo son:
FROIZ Camariñas
ALIPROX Camariñas
CLAUDIO LEIS Ponte do Porto
SUPER A FONTE Camelle
TENDA ULTRAMARINOS (PASTORA) Camelle

15 nov 2009

FORO DE PARTICIPACIÓN E SERVIZO DE ASESORAMENTO

Neste apartado, vostede pode deixar os seus comentarios, queixas ou suxestións.
Ademáis si ten algunha consulta sobre a Minimización de Residuos ou a Reciclaxe, pode deixala aquí e seralle atendida na maior brevidade posible.

RESPOSTAS AOS COMENTARIOS
preguntan donde hai un punto limpo? publicado un apartado coas direcións dos puntos limpos máis achegados ao concello de Camariñas

2 nov 2009

VALORACIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS DE CAMARIÑAS

Ao longo desta última semana, os días 26, 28 e 29 de outubro, desenvolvéronse as actividades previstas no marco do Programa de Minimización de Residuos do Concello de Camariñas.
As actividades levadas a cabo, pretenderon concienciar á cidadanía da importancia de reducir a cantidade de residuos e da reciclaxe destes, salientando as vantaxes tanto económicas como medioambientais que esto suporía.
O programa de actividades dirixiuse a distintos colectivos, realizándose actividades cós escolares, coa poboación xeral (veciñ@s) e con membros do tecido empresarial.
Así, realizáronse catro obradoiros destinados aos veciñ@s, en Camariñas, Camelle, Xaviña e Ponte do Porto. Os catro tiveron altos índices de participación, cun total de 150 asistentes.
No que respecta ao colectivo dos empresari@s, nos dous obradoiros celebrados, en Camariñas e Ponte do Porto, participaron un total de 20 empresari@s.
En canto á comunidade escolar, tivo tamén unha elevada tasa de participación, con 125 alumn@s participantes da escola unitaria de Xaviña e do IES Pedra da Aguia de Ponte de Porto, nos 7 obradoiros realizados.

6 oct 2009

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PREVISTAS

Programa de actividades previstas no marco do Programa de Minimización de Residuos Camariñas 2009

ACTO DE PRESENTACIÓN DO PROGRAMA: 16 de outubro de 2009, ás 20:00h na Casa de Pedra

OBRADOIROS PARA OS VECIÑOS
26 de outubro: ás 17:30h en Camariñas, no CIE
ás 20:00h en Xaviña, no Teleclub
28 de outubro: ás 17:30h en Camelle, no Museo do Alemán
29 de outubro: ás 17:30h en Ponte do Porto, no colexio

OBRADOIROS PARA OS EMPRESARIOS
28 de outubro: ás 20:00h en Camariñas, na Casa de Pedra
29 de outubro: ás 20:00h en Ponte do Porto, no Centro Cultural

Poden cumprimentar a ficha de inscrición ás actividades no enlace seguinte Ficha de inscrición e enquisa
Entregaranse regalos promocionais aos asistentes ás actividades.

PUNTOS LIMPOS

No concello de Camariñas, nas Seixas, hai unha empresa que ten un punto onde se poden depositar residuos. Xestionao a empresa Siavi S.L. O teléfono de contacto é 669 806 978.

No Punto Limpo poden depositarse os residuos perigosos do fogar: aceites de cociña usados, electrodomésticos (ou partes destes) e aparellos electrónicos, residuos voluminosos e calquer outro tipo de lixo agás os restos orgánicos.

Punto Limpo de Muxía: situado no Lugar de Os Muíños.
Horario: mércores todo o día e sábados pola mañá.


Punto Limpo de Carballo: ubicado no Polígono Industrial de Bértoa.
Horario: martes, xoves e sábado de 10:00-13:00 horas

2 oct 2009

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS

O programa está organizado polo Concello de Camariñas, conta co financiamento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia e vaise desenvolver durante os meses de setembro, outubro e novembro.
O principal obxetivo do Programa de Minimización de Residuos é acadar a sustentabilidade na xestión dos residuos do concello, recalcando sobre todo na minimización e na recollida selectiva.
Un modelo sustentable de xestión de residuos suporía que o concello estivera a contribuir en favor do medio ambiente, aportando beneficios ambientais, á vez que conleva vantaxes económicas e sociais.

29 sept 2009

OBXECTIVOS DO PROGRAMA

Debido á gran cantidade de residuos que diariamente se xeran, éstes constitúen un grave problema ambiental. Ademais, moitos deles, están detrás da contaminación das augas, do solo e do aire. Os obxetivos que se pretenden acadar son:

1. Informar á poboación da importancia de reducir a cantidade de lixo e promover a separación e clasificación do lixo na orixe e o depósito deste nos colectores correspondentes.
2. Informar sobre a minimización e clasificación dos residuos para mellorar a xestión dos mesmos, é decir, preténdese unha mellora no sistema de recollida selectiva.
3. Promover un consumo máis responsable.
4. Saber da opinión dos veciños sobre a xestión dos residuos que se está a levar a cabo, así como coñecer as súas ideas ou suxestións acerca das melloras que consideren oportunas.

25 sept 2009

COMO SEPARAR O LIXO?

O concello de Camariñas dispón dun servizo de recollida selectiva do lixo. Así, os veciños poden contribuír á defensa do medio separando o lixo na orixe, é decir, nos seus fogares.

Existen distintos tipos de colectores para cada tipo de residuo. Así, disponse de:

PUNTO SIGRE: para medicamentos usados ou caducados. Sitúanse en tódalas farmacias.

COLECTORES DE COR AZUL: onde se debe depositar o papel e cartón.

COLECTORES AMARELOS: envases lixeiros como latas e bricks.

COLECTOR VERDE “IGLÚ”: onde se pode depositar o vidro.

COLECTOR VERDE ESCURO: para os restos orgánicos, que só deben depositarse no colector entre as 19:00 e as 22:00h, e sempre deben ir en bolsa pechada.

COLECTOR PARA RECOLLIDA DE PILAS: situados en distintos establecementos do pobo.


RESIDUOS VOLUMINOSOS E APARATOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS: están constituídos por mobles, enseres de gran tamaño..., polo que a súa recollida é máis complexa que o resto de residuos domiciliarios.
O Concello dispón de un servizo especial de recollida a domicilio para este tipo de residuos.
Día de recollida os mércores. Avisar previamente no concello ou por teléfono: 981 736 000
Ademáis tamén se poden depositar en un Punto Limpo.

ALGÚNS CONSELLOS PARA REDUCIR A CANTIDADE DE RESIDUOS

Na compra:
Tentar adquir produtos que esté minimamente envolvidos.
Levar un carro ou bolsa de tela, evitando deste xeito usar unha nova bolsa de plástico cada vez.
Evitar envolver produtos, a non ser que sexa imprescindible.
Tentar mercar reutilizables.
Si se pode escoller, tratar de non consumir frescos (froitas, verduras, carnes…) que veñan en bandexas de plástico. É mellor o uso de produtos a granel.
Coas bebidas e líquidos, recoméndase escoller os envases máis grandes e se fosen retornables moito mellor. Os frascos, tarros e botellas son tamén unha boa opción, xa que o vidro é 100% reciclable.

No fogar:
Usar trapos de cociña, no sitio de papel.
Usar pilas recargables.